Tuesday 30 de April de 2024

Corte de tráfico a noite do xoves ao venres na avenida Che Guevara


Para a realización dunhas obras de mellora da rede de saneamento do municipio, será preciso efectuar un corte nun dos carrís de circulación da avenida Ernesto Che Guevara, á altura do rego de Bastiagueiro. Será a noite do xoves ao venres, de 23:00 a 7:00 horas. O tráfico será desviado polo carril contrario, que pasará a ser de dobre sentido alternativo de circulación, quedando regulado mediante semáforos.

O horario podería sufrir lixeiras variacións en función do ritmo de avance dos traballos.